tentativa teitado vertical

proba de parede feita con trenzado de xesta

proba de parede feita con trenzado de xesta

A idea é simple, basándose no sistema de teitado de fibra vexetal, típico de moitos dos chozos pastoris teitos e pallozas, poder 'verticalizalo' para facer unha parede.

Materias da estructura [todos eles reutilizados]:

  • Entramado con vigas de madeira
  • Aillante [corcho, polispan entre vigas]
  • Rede poliester [grapada as vigas]
  • Xesta [recollida a finais do verán]

O entramado realízase facendo pequenos feixes de xesta, e logo facéndolles pasar, a modo de trenzado, varias veces pola rede.

Conclusións:

  1. Necesítase unha porrada de material, 'desperdiciándose' moia xeste para poder facer feixes finos que poidan pasar polos ocos da rede cómodamente. Co material do entorno maís próximo apenas chegamos a cubrir unha terceira parte, dos apenas 6 metros cadrados da parede.
  2. O trenzado é moi laborioso, primeiro por facer o feixe de tamaño axeitado, e logo para poder facelo pasar pola rede.
  3. A capa resultante é bastante gorda pola superposición de capas.
  4. Temos un resultado un tanto 'tropical'.

Tras seis meses a decisión foi retirar a cobertura, e sustituila por outra de taboa de madeira. O material estaba en perfecto estado, seco, pero nada quebradizo.

Unha mágoa... non ter o material... e non ter algo máis de paciencia!

 

 

proxecto: 
etiquetas: